A nosa produción atangue os distintos campos artesanais relacionados coa transformación da madeira.

-Restauramos e reproducimos mobles de madeira maciza seguindo a tradición artesán familiar: chineiros, mesiñas de noite, cómodas, camas, berces, táboas, cadeiras, andeis, máquinas de coser, galáns de noite, caixas de reloxo, mesas veladoras… Tamén preparamos móbeis para funcións distintas da orixinal e adaptámolos remates as tendencias estéticas actuais

-Torneámola madeira artesanalmente: pezas de creación propia, únicas por deseño e calidade, axeitadas para revalorizala decoración da súa casa ou para agasallos moi especiais.

-Traballamos sempre con orzamento previo, detallado e por escrito, para que dende o principio saiba o custo dos nosos servizos e produtos.

-Deseñamos e construímos mobiliario sinxelo e utilitario como resposta as necesidades prácticas: cobre-radiadores (que se transforman en mesas auxiliares), mesiñas de noite penduradas (facilitan a limpeza), marcos de espello (que serven de chaveiros e/ou cobren cadros de luces), lámpadas de pé ou sobremesa (pezas únicas, algunhas torneadas a man), mesas de erguer (practicas e aproveitan o espazo)…

-Tamén preparamos mobles para funcións distintas da orixinal e adaptamos os remates de pezas as tendencias estéticas actuais.