Condicións xerais de venda

Estas condicións xerais, xunto co Aviso Legal deste sitio web, regulan tódalas relacións entre Aldeas Artesáns de Galicia, Turismo Rural e Artesanía; S.L. (en diante “A Empresa”) e os seus clientes a través de internet (en diante “o Cliente”).

O Cliente acepta sen reservas, e dende o mesmo momento da realización do pedido, as condicións particulares da venda indicada (nome, cantidade, prezo, condicións de venda, condicións de envío, política de devolucións, gastos de envío)

Pense que o noso e un traballo artesanal e individualizado para o que se empregan diferentes madeiras polo que non hai dúas pezas iguais e, por tanto, pode haber pequenas diferencias coa imaxe mostrada do produto.

A Empresa tentará que toda a información sobre o prezo dos produtos sexa precisa, pero sin garantila ausencia absoluta de erros (de existir comunicaránselle directamente o Cliente antes de formalizalo pedido).

A realización do pedido, e a súa confirmación por parte do Cliente, constituirá un acto de aceptación plena das condicións de venda.

As presentes condicións formalizaranse nos idiomas galego, español e inglés e queda suxeito a lei común española.

Tódolos prezos-custos exprésanse en euros e inclúen o I.V.E.

A Empresa fai envíos a toda Europa e os custos detallaranse mais adiante. Para outros países fora da Unión Europea é preciso que nos envíen un correo electrónico a info@casadafraga.com e contestarase a maior brevidade posíbel indicándolle os custos e prazos de entrega.

Garantía

Garantimos que os nosos produtos están feitos con madeiras na contorna do lugar onde estamos situados, que veñen de árbores que medran de forma natural e que usamos sen que isto afecte desfavorablemente as condicións do noso rico e verde entorno galego. As técnicas empregadas no torneado son herdadas dos nosos devanceiros que traballaban cada peza individualmente, a man e sin axuda de maquinaría de produción en serie. Cada obxecto está rematado con produtos respectuosos co medio ambiente e que complementa a madeira escollida. As nosas pezas transmiten as esencias desta terra e posúen características propias de Galicia.

Forma de pago e seguridade

O Cliente poderá pagalos pedidos e gastos de envío mediante: tarxeta de crédito, Paypal e transferencia bancaria. No caso de pagar cunha tarxeta de crédito o proceso farase o través dunha plataforma de pago segura que cumpre cós estándares do comercio electrónico seguro adoptados polas marcas internacionais de tarxetas Visa e MasterCard. Para que o Cliente poida mercar coa súa tarxeta mediante este sistema, será imprescindible que la entidade bancaria emisora da tarxeta de crédito acepte el pago a través de “Compra Segura”. Por cada pedido que o Cliente realice, sempre que se confirmara o su abono, a Empresa emitirá a factura correspondente.

Pedido

O pedido farase cando o Cliente prema na pestana correspondente engadíndose o produto seleccionado o total (onde se recollen tódolos artigos xa confirmados polo cliente), aceptando as condicións xerais premendo no botón correspondente e realizando o pago.

Confirmación do pedido

A Empresa confirmará a aceptación do pedido do Cliente a través dun correo electrónico; a venda non rematará ate que a Empresa non confirme o pedido.

A Empresa podería non confirmalo pedido por cuestións como falta do produto elixido, problemas nos datos relativos o pedido facilitados polo Cliente ou problemas previsíbeis relativos a entrega; entón a Empresa informará o Cliente da situación.

Envío e entrega

No formulario da compra pedirase o Cliente un enderezo postal para o envío. A Empresa non se fará responsábel das eivas na entrega cando algún dos datos facilitados polo cliente estean errados o foran obviados; si algunha destas circunstancias se dera o pedido cancelaríase.

Non se farán entrega en apartados postais.

As entregas realizaranse por medio dunha empresa de transporte colaboradora aínda que si o Cliente o prefire poderá recollelo nas nosas instalacións previa chamada telefónica realizada con antelación onde se concretaría data e hora.

Considere que para o resto de mundo os aranceis, e calquera outro tipo de impostos aplicábeis a pagar no punto de entrega, correrán a cargo do Cliente.

Os custos de transporte (inclúen o I.V.E.) serán os seguintes:

-España peninsular (para pedidos menores a os 2 quilos de peso)                                                                  4,92€

-Outros países da Unión Europea (para pedidos menores a os 0,5 quilos de peso)                                    16,46€

-Para pedidos dende Baleares Canarias, Ceuta, Melilla e outros países non citados tramitaremos persoalmente o seu pedido; o Cliente terá que escribir un correo electrónico a info@casadafraga.com indicando os seus datos e pedido e informarémolo das condición.

Os pedidos enviaranse de luns a venres, agás os días festivos locais, autonómicos e nacionais.

Dado que proceso de produción é manual e non está industrializado o prazo de entrega aproximado será entre 5-6 días hábiles para a España peninsular e entre 8-9 para o resto da Unión Europea; consultar para o resto de países non citados, aínda que tentaremos facelo no menor tempo posíbel.

A Empresa non se fará responsábel de adiamentos por causas alleas as súas responsabilidades.

Os aranceis, e calquera outro tipo de impostos aplicábeis a pagar no punto de entrega, correrán a cargo do-a Cliente.

Devolucións e cancelacións

Pregámoslle que revise a súa compra en canto a reciba e que inmediatamente nos notifique por correo electrónico si a mercancía está danada ou defectuosa; se non o fai nun prazo de 7 días entenderemos que acepta o produto.

Se por algunha outra causa o Cliente non está satisfeito coa súa compra dispón de 7 días (fora dese prazo non se admitirán) dende o momento da recepción do pedido para devolver o produto enviando un correo electrónico a info@casadafraga.com co asunto “devolución” indicando o número de pedido, o detalle exacto do produto e unha comunicación expresa da vontade do Cliente de exercelo seu dereito de renuncia a compra. O Cliente correspóndelle asumila totalidade dos custos do envío da devolución ate a nosa sede. Aconsellámoslle que asegure o envío do produto a devolver, como mínimo, polo importe de venda. O produto deberá estar en perfectas condicións, sin usar, no seu embalaxe orixinal e con tódalas etiquetas e accesorios con que foi subministrado. Posteriormente a Empresa asegura a restitución do importe do produto, agás os custos do primeiro envío, do mesmo xeito en que fixo o pago e no prazo de 30 días hábiles despois da recepción da devolución. Non se realizará a devolución dos produtos que non estean nas mesmas condicións nas que o cliente os recibiu nin aquelas que non foran previamente comunicadas.

Seguridade e confidencialidade dos datos

Toda a información facilitada polo Cliente utilizarase para mantela relación contractual establecida por este coa Empresa, para xestionalo seu pedido e para achegarlle información de ofertas e servizos que podan ser de interese para o Cliente.

O Cliente declara estar informado das condición detalladas na presente cláusula.

Os datos persoais serán tratados segundo indica a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e el Real Decreto 1270/2007, de 21 de decembro, por el que se aproba el Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, e demais normativas vixentes en España.