Dende a nosa casa poderá achegarse doadamente (grazas a estratéxica situación xeográfica de A Fraga) a lugares imprescindíbeis desta parte de Galicia.
Santiago de Compostela: centro de peregrinación coñecido en todo o mundo e Cidade Monumental Patrimonio da Humanidade.
Lugo: cidade bi-milenaria rodeada por unha Muralla Romana Patrimonio de la Humanidade.
A Coruña: fermosa cidade aberta o mar onde se atopa a Torre de Hércules, único faro de orixe romano activo en todo o mundo.
Parque Natural Fragas do Eume: ecosistema único en Europa conformado por un bosque atlántico agromado das profundas ribeiras do río Eume; é un espazo protexido pero que se pode visitar.
Santo André de Teixido: santuario mítico da tradición relixiosa galega en un lugar privilexiado fronte a dureza do mar.
Punta Herbeira: os cantís máis altos del norte de Europa e preto do Cabo Ortegal (punto de unión do Mar Cantábrico e Océano Atlántico) que dende o punto de vista xeolóxico é un dos catro lugares cas rochas máis antigas do planeta.
Praia das Catedrais, no norte de la provincia de Lugo, onde el mar labrou na pedra uns contrafortes senlleiros parellos os dalgunha catedral.
Betanzos: cidade medieval que foi capital del antergo Reino de Galicia ateigada de historia e monumentos.
Mondoñedo: pequena vila sede do bispado onde destaca o conxunto de Catedral, Praza e Museo.
Viveiro: concello situado na mariña lucense que conserva un fermoso casco histórico e restos da súa muralla defensiva.