Información xeral do curso de torneado:
Impártense dende o ano 2003 no obradoiro da Aldea Artesán, que está perfectamente equipado para o desenrolo destas actividades.
Para acadar os mellores resultados adaptámonos o nivel de coñecementos e inquedanzas dos participantes. A metodoloxía está baseada na práctica, onde os aspectos teóricos, breves e concretos, aclararán as dubidas que xurdan no desenrolo dos traballos; os exercicios propostos obrigarán a practicar as técnicas necesarias para o correcto coñecemento das técnicas e utilización das ferramentas.
-normas básicas de seguridade e material de protección;
-afiado e conservación das ferramentas, maquinaria para afiados especiais;
-elección das madeiras apropiadas (secas, verdes, pasmadas, verrugas,….);
-traballo entre puntos, o ar e revados interiores;
-tingues, vernices, encaústicos e outros remates para as pezas;
-uso de gubias, formóns, raspadores, ferramentas especiais e llergas;
Contidos do curso de restauración:
-valoración dos traballos e normas básicas de seguridade;
-amaños estruturais: xuntas frouxas, portas, taboleiros empenados, substitución e recuperación de ferraxes, navetas, identacións, alteracións en mobles con e sen armazón, defectos mais comúns nas cadeiras,
-reprodución e substitución de pezas, envellecemento de pezas novas… ;
-aplicación de antixilófagos, endurecedores;
-reavivamento dos acabados: métodos, materiais, aplicación, defectos superficiais… ;
-renovación de vernices e acabados decorativos: limpeza e preparación de superficies, decoloración, tinguiduras físicas e químicas, encaústicos, goma laca, aceites, tapaporos, poliuretanos, outros produtos…[/fusion_text]