Actividades

aldea-artesan

Ofrecémoslle a posibilidade de achegarse os oficios artesanais que exercemos, adaptándonos as súas inquedanzas e o seu nivel de coñecementos: cursos, visitas, encontros…

Esta mestura turístico-artesán permítenos deseñar paquetes turísticos feitos a medida que, ademais do lecer, como elemento diferenciado, inclúen cursos monográficos de restauración de móbeis, carpintaría básica e torneado creativo da madeira.

Artesanía

A madeira é un elemento vivo, que literalmente respira, en constante diálogo coa persoa que a transforma. Nesa conversa pode haber malos entendidos, atrancos parellos a tantos outros que ocorren a diario; a solución a estes desencontros está nas mans expertas dos artesáns, persoas con vocación que coñecen os segredos do seu oficio… e niso andamos na Fraga, tentando achegarse a alma, o cerne da madeira.

Herdamos dos nosos devanceiros os coñecementos sobre os oficios e as inquedanzas que serven como alicerce da Aldea Artesán de A Fraga, un lugar de onde parten iniciativas que tentan conservar e espallar (mediante visitas para colexios, encontros, demostracións e cursos) os diferentes oficios artesanais tradicionais relacionados coa madeira, especialmente o torneado tradicional e creativo.

Coa intención de recuperar do esquecemento, documentar e dar a coñecelo oficio, naceron nesta casa os Encontros Internacionais de Torneiros de Madeira en Galicia, en colaboración co mestre torneiro Fernando Verez Tojeiro, que dende 2001 se celebran anualmente, primeiro nas instalación da propia Aldea Artesán e dende o ano 2006 nas instalacións públicas do Concello de Xermade.