Os protagonistas da Exposición Itinerante de Torneado da Madeira, ou CONtornos, son torneiros profesionais recoñecidos internacionalmente e afeccionados voluntariosos que, dende o anonimato, axudan a que o torneado se recupere do esquecemento propondo camiños de expresión novidosos e creativos.

As pezas son unha representación dos traballos aportados polos participantes nos Encontros de Torneiros que se celebra no mes de setembro, dende fai 12 anos, no Concello de Xermade. Os relatores internacionais que participan nos Encontros, encárganse de facela escolla entre as expostas polos participantes.Tanto as técnicas empregadas como materias primas e acabados son moi variados polo que o resultado a partires das mesmas madeiras son sempre distintos e sorprendentes.

A partires de 2012, a produción da exposición corre por conta do Concello de Xermade con asesoramento técnico e coordinación de Fernándo Verez Tojeiro e tamén da Aldea Artesán de A Fraga.

Obxectivos:

-Facer visíbel o oficio achegando as vilas, pobos e cidades a produción máis representativa dos torneiros participantes nos Encontros: pezas senlleiras, creativas, artesanais e de calidade.
-Mostrar, diferenciando, os procesos e resultados propios da produción artesanal fronte a industrial, ofrecendo unha explicación convincente e argumentada das diferenzas.
-Promovelos Encontros complementando as aspiracións destes.