Neste lugar de calma e silencios a xente aínda se pode agochar do reloxo e do tempo (non esqueza que o Camiño Norte de Santiago atravesa toda esta comarca).
Habitamos nunha zona privilexiada chea de riqueza natural onde se suceden ríos e fontes, fragas de carballos, castiñeiros, acivros, freixos, buxos…, troitas, corzos, delunciñas, raposos, esquivos, buxatos, bubelas, petos, merlos, pardais, pegas rebordas..
Polo territorio espállanse mostras do paso dos nosos devanceiros dende tempos inmemoriais: mámoas, castros, menhires, cruceiros, capelas, calvarios, refuxios prehistóricos de caza, cistas funerarias, petróglifos, restos de castelos, pontes medievais, importantes mosteiros…
Podémoslle axudar, de vagar, a descubrila etnografía e gastronomía, arquitectura civil e relixiosa, paisaxe e paisanaxe, fauna e flora, rios e lagoas…