Tenda online de artesanía

…”a artesanía é o latexo do tempo humano. E un obxecto útil mais que tamén é fermoso; un obxecto que dura pero que acaba e resignase a acabarse; un obxecto que non é único coma a obra de arte e que pode ser substituído por outro obxecto semellante mais non idéntico. A artesanía ensínanos a morrer e así ensínanos a vivir”… (de Octavio Paz, extraído do texto “A artesanía entre o uso e a contemplación”)

No Obradoiros o artesán participa directamente no deseño, manipulación das materias primas, torneado e remates da peza sin axuda de maquinaria de produción en serie; os nosos produtos son diferentes entre si, feitos a man e pensados co corazón. As madeiras (pradairo, freixo, bidueiro, salgueiro, ameneiro, pereira, sanguiño, maciñeira, acivro, buxo, piñeiro, carballo, castiñeiro, etc.) proceden dos refugallos (podas e cortas de limpeza) froito das labores de mantemento da mesma finca onde se atopa o obradoiro.

Posúemos a Carta de Artesán e o noso Obradoiro está inscrito no Rexistro de Artesanía de Galicia; a marca de garantía “Artesanía de Galicia”, auspiciada pola Xunta de Galicia, asegura que as nosas pezas son totalmente artesáns, todas están etiquetadas e numeradas. Utilizamos produtos de protección respectuosos co medio ambiente: ceras de carnaúba e de abella, aceite de uso alimentario; algunhas pezas teñen un acabado natural.

  • Ratiño de madeira

    Ratiño

    9,46 IVE incluido
    Un simpático rato de madeira torneada a man, con diferentes formas e distintas posturas, rematado con cera de carnaúba.
    • Medidas aproximadas en cmt: 5 a 7 x Ø 3 a 5
    • Manteña a peza lonxe do calor, do frío e da humidade; evitalo contacto directo e prolongado co a luz solar; limpar tan so cun pano húmido.
  • Flores de madeira

    Manoxo de flores

    16,92 IVE incluido
    Catro fermosas flores torneadas a man en distintas madeiras con acabado natural.
    • Medidas aproximadas en cmt: 30 x Ø 4 a 6
    • Manteña a peza lonxe do calor, do frío e da humidade; evitalo contacto directo e prolongado co a luz solar; limpar tan so cun pano húmido.
  • Flor de madeira

    Flor

    5,49 IVE incluido
    Fermosa flor torneada a man en distintas madeiras con acabado natural.
    • Medidas aproximadas en cmt: 30 x Ø 4 a 6
    • Manteña a peza lonxe do calor, do frío e da humidade; evitalo contacto directo e prolongado co a luz solar; limpar tan so cun pano húmido.
  • Ratiños de madeira

    Familia de Ratiños

    24,43 IVE incluido
    Conxunto de 3 simpáticos ratos de madeira torneada a man, con diferentes formas e distintas posturas, rematado con cera de carnaúba.
    • Medidas aproximadas en cmt: 5 a 7 x Ø 3 a 5
    • Manteña a peza lonxe do calor, do frío e da humidade; evitalo contacto directo e prolongado co a luz solar; limpar tan so cun pano húmido.