A Fraga é un lugar da parroquia de Cazás pertencente ó Concello de Xermade (Lugo, Galicia), que a súa vez integrase na Comarca de Terra Chá.
As conexións por estrada (a 12 qmts da Autovía do Cantábrico –A8- e 18 qmts da Autovía do Noroeste –A6-) facilitan o acceso a nosa casa.
No territorio xorden lugares de interese histórico, artístico, arqueolóxico, cultural, etnográfico, humano, gastronómico… espallados para a súa descuberta.
A relación do home e o habitar conflúe nunha paisaxe convertida en cultura: mestúranse os tempos da historia e da natureza ate tecer unha identidade senlleira.

GPS: 43º 18′ 23,026099824001” N, 7º 49′ 26,722297668” O