Hai veces que resulta complicado separala sabia da arbore do sangue que impulsa o artesán, tal é o punto onde o oficio se mestura cá paixón: dialogamos coa madeira para crear pezas respectuosas, útiles, cálidas e de calidade.

Tanto ten restaurar un roupeiro, labrar un salomónico, tornear unha cunca ou facer un escano… o lecer confúndese có traballo, convertese en pracer namentres se transforma unha materia que transmite calma o espírito do artesán.

A orixe da tradición artesán familiar remontase a comezos do século XX con Amador Ledo Rivera que exerceu de xeito ambulante, primeiro como aprendiz e logo como mestre, cousa habitual naqueles tempos, todo tipo de oficios relacionados coa madeira: selleiros, fragueiros, zoqueiros, carpinteiros, torneiros, ebanistas….Na terceira década dos anos 1900 fundou en As Pontes, no que posteriormente axudará o seu fillo Vicente Ledo Pena, un obradoiro onde traballou ate finais do século. De ámbolos dous, herdamos maquinaria, ferramenta, madeiras e, o máis importante, os coñecementos sobre os oficios.

Estes antecedentes dan paso a un proxecto ambicioso, que xorde en 1997, onde tenta xunguir a produción coa divulgación-ensinanza artesán có turismo rural, para o que se recuperan os edificios abandonados dunha propiedade familiar onde, hoxe en día, a Aldea Artesán de A Fraga, un lugar de onde parten iniciativas que tentan conservar, documentar e dar a coñecer mediante diferentes actividades artesanais: torneado da madeira, restauración de móbeis e carpintaría-ebanistería.